Sés e América de Vigo porán o toque musical á XV festa da xuventude de Valga

VALGA> O 1 de xullo, a xuventude será a protagonista en Valga. A vila prepara a décimo quinta edición da festa da xuventude. Un evento que contará con diferentes xogos dentro das olimpíadas da aldea e coas actuacións de Sés e América de Vigo no apartado musical.

O Concello de Valga regresa a vindeira fin de semana cunha das festas máis agardadas pola xente máis nova e tamén por aqueles ou aquelas que aínda se senten mozos. A vila celebrará a décimo quinta edición da festa da xuventude. Unha cita renovada que repite no seu apartado d entretemento coas olimpíadas da aldea.

As olimpíadas estarán compostas por xogos tradicionais como o mundial de fútbol e o brilé, pero tamén con novidades.

O último xogo será a xincana. A formación dos equipos ten dúas regras, máximo dúas persoas de fora de Valga e que os equipos sexan mixtos.

Nunha festa da xuventude tampouco pode faltar a programación nocturna. O apartado musical correrá a cargo de Sés.

Trala cantante galega chegará a quenda da orquestra América de Vigo.

As olimpíadas teñen un premio de 200 euros para o primeiro e 100 para o segundo. Ademais tamén haberá un recoñecemento á deportividade e un premio para a aldea gañadora. A inscrición xa está aberta a través da web ou de forma presencial no concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí