As mulleres rurais O Menhir homenaxean a historia de Moraña co seu Belén

MORAÑA> As mulleres rurais de Moraña fan un homenaxe á historia da súa vila coa elaboración do seu belén. No seu decorado, as mulleres construíron os edificios e as casa máis representativas do municipio. Non faltan nin o concello nin as igrexas de cada parroquia.

O belén de Moraña, construído pola asociación de mulleres rurais da vila é un homenaxe á historia do municipio. Nesta recreación do nacemento, Xesús está rodeado polas diferentes parroquias de Moraña e polo centro da vila.

Excepto as pezas, todo o decorado deste Belén está creado pola asociación de mulleres rurais.

O belén inclúe pezas en movemento como un muíño e luces. Nestas partes tamén colaboran os maridos das mulleres rurais.

O Belén pode visitarse no multiusos de Moraña ata despois de reis en horario de 5 da tarde a 9 da noite e os domingos de 12 a 2. Ademais deste decorado, no propio multiusos tamén ten lugar a reprodución do documental “casas ricas en terras pobres” de Norma Caldas. Un repaso polas casa históricas da vila dende o século XVII.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí