O Belén de Valga recada preto de 5 mil euros cunha tómbola solidaria e os destinará aos afectados polo volcán da Palma

VALGA> O Belén de Valga recada máis de 5 mil euros para doar aos afectados polo volcán da Palma. Os beneficios obtivéronse cunha tómbola realizada o domingo 12 na que sortearon diferentes agasallos cedidos por asociacións e veciños. Precisamente o volcán da Palma é unha das grandes novidades do Belén de Valga deste ano.

Como cada ano a expectación é máxima coa chegada do Nadal e a estrea do Belén de Valga. Os 32 membros da asociación amigos do Belén de Valga non deixan de innovar e cada ano sorprenden con novas pezas e representacións de situacións actuais. Este ano, á súa imaxinación e destreza engadiron unha vertente solidaria. Xa que a asociación realizou o domingo 12 unha tómbola para doar os beneficios aos afectados polo volcán da Palma.

Na tómbola sortéanse os agasallos cedidos por asociacións e veciños. O gran apoio da iniciativa fai que a asociación vaia a realizar outra tómbola.

Precisamente, o volcán da Palma é unha das grandes novidades do Belén de Valga deste ano.

Tampouco falta o humor coa clase política ou coa suba da factura da luz.

Repite ao igual que o ano pasado toda a actualidade derivada da pandemia, como as vacinacións ou as PCRs. O Belén estará estará aberto ao público de forma gratuíta nas vindeiras semanas. Os horarios serán de luns a sábado pola tarde e os domingos pola mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí