RIBEIRA> A praia de Coroso loce xa bandeira azul, converténdose no único areal do Barbanza no que ondea este distintivo. No acto desenvolvido esta mañá procedeuse tamén ó izado da bandeira que recoñece o sendeiro azul entre Coroso e Río Azor.
Ademais de acreditar a excelencia do areal, a bandeira azul garante unha serie de servizos cos que contará a praia de Coroso, a única da comarca que este ano contará co distintivo.
Os socorristas, que xa comezaron a prestar servizo o sábado día 1, distribuiiranse en quendas de 5 e 4 membros para dar seviizo á esta praia urbana que rexistra gran afluencia de bañistas. Tamén a praia do Vilar contará con servizo de vixilancia diario mentres que na Ladeira tan só haberá durante os fins de semana e festivos.
Xunto coa bandeira azul, procedeuse ó izado da bandeira Sendeiro Azul que, por segundo ano, recoñece os valores ambientais do paseo entre Coroso e Río Azor.











