BOIRO> Boiro viviu a fin de semana grande dos seus festexos. A música e a tradición foron as protagonistas das xornadas do sábado e o domingo, mentres que hoxe, luns, a celebración trasladouse ó parque da Cachada onde se desenvolveu a Festa das Peñas.
O bo tempo acompañou durante toda a fin de semana na que Boiro celebrou os actos principais das súas festas. O venres arrancaban as celebracións co pregón a cargo de representantes do tecido cultural do municipio.
O sábado viviuse unha das xornadas máis tradicionais coa festa popular na Cachada na que os asistente puideron gozar dunha recreación da malla do centeo. A gastronomía tamén tivo oco nesta xornada coa degustación de orella de porco.
A música foi outro dos pratos fortes con concertos como o de Mikel Erentxun ou o tributo e Amywinhouse. A noite do domingo foi unha das que rexistrou maior afluencia de público grazas ó espectáculo pirotécnico e de danza.
Ó longo desta xornada, a mocidade foi a protagonista das celebracións co Día das Peñas que se desenvolveu no parque da Cachada. As celebracións continuarán ata o próximo mércores con diversas actividades e espectáculos para tódolos públicos e o concerto de Camela como actuación estelar.











