RIBEIRA> Os traballadores da recollida do lixo e limpeza viaria de Ribeira irán á folga a partir do 20 de xullo. Con esta medida de presión, buscan que a empresa concesionaria do servizo acceda a mellorar as condicións laborais dos empregados que na actualidade non viron actualizados os seus salarios nin tan sequera coa suba do IPC.
Tras varios contactos infrutu osos da mesa de negociación coa empresa concesionaria, os traballadores de limpeza viaria e recollida de lixo de Ribeira decidiron convocar unha folga indefinida a partir do 20 de xullo.
Consideran que non lles queda máis remedio en vista da negativa da empresa á revisión dun contrato que non prevé a actualización salarial dunha plantilla que non chega ó salario mínimo interprofesional.
Dende a CIG e a CUT, sindicatos inmersos na negociacións, seguen abertos ó diálogo para desbloquear as conversas e evitar ir á folga en pleno verán coincidindo coas festas da dorna e a maior afluencia de visitantes.











