Boiro abriu hoxe as inscricións nas escolas deportivas municipais

BOIRO> Un ano máis o departamento de Deportes de Boiro pon en marcha unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais. Este ano ofertaranse un total de 19 actividades, dirixidas tanto a adultos como a categorías base, entre as que se inclúen baloncesto, tenis, voleibol, remo, piraguismo, ximnasia de mantemento, baile de salón ou psicomotricidade, entre outras .

Dende o Concello destacaron tamén a implicación dos clubs locais, xa que sen a súa colaboración sería imposible poder levalas a cabo.

As inscricións xa están abertas, podéndose realizar nas propias oficinas do Departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura da Cachada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí