POBRA> Apenas a dous días do pleno de investidura, previsto para este vindeiro venres á unha do mediodía, na Pobra segue a incerteza de quen ocupará a alcaldía.
A última proposta presentada polo BNG, co beneplácito de VIP, de darlle a alcaldía a Nós Pobra, sempre e cando apartase ó actual alcalde en funcións, Xosé Lois Piñeiro, e a número 2 da candidatura, Estefanía Ramos, atopouse co frontal rexeitamento da asemblea desta última formación.
Dende Nós Pobra pídenlle ó candidato de VIP que reconsidere a súa postura.
Nós Pobra anunciou tamén que iniciará unha nova rolda de encontros co restos de grupos, incluído o PP, para tratar de analizar posibles solucións a esta situación que parece enquistada.
De non frutificar as negociacións, cuxas posturas, polo que se ve, seguen aínda moi afastadas, o PP, a forza máis votada con seis edís nas pasadas eleccións, sería o gran beneficiado, accedendo a alcaldía, despois de oito anos na oposición.