As farmacias de Barbanza realizarán tamén test a mozos para detectar posibles asintomáticos

BARBANZA> As farmacias de Barbanza súmanse tamén á campaña de test de saliva gratuítos a adolescentes que promove a consellería de Sanidade. O obxectivo non é outro que tratar de detectar a posibles asintomáticos.

A consellería de Sanidade, en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos, é a impulsora dun cribado en farmacias dirixido a miles de adolescentes de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. A iniciativa, na que tomarán parte a practica totalidade de farmacias do Barbanza, comezará o vindeiro luns. A proba realizarase mediante a recollida dunha mostra de saliva.

O obxectivo desta iniciativa, que xa vén funcionando noutras zonas, como é o caso de Pontevedra, é tratar de localizar a posibles asintomáticos, e así frear a cadea de contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí