Saen a licitación as obras de mellora no conservatorio municipal de Ribeira

RIBEIRA> O orzamento previsto para a actuación ascende a máis de 612 mil euros. A obra está incluída na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica 2020, co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O alcalde, Manuel Ruíz, mostrou a súa satisfacción por un novo investimento que permitirá mellorar as instalacións do Conservatorio Profesional de Música ‘Enrique Paisal’. Segundo el, o proxecto ten coma principal finalidade a mellora da eficiencia enerxética no edificio, co que se poñerá fin ós problemas de humidades que presentaba o seu interior.

A obra, que xa está en período de presentación de ofertas, conta cun orzamento de máis de 612 mil euros. Está incluída na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica 2020′, co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O rexedor referiuse tamén que o Concello está a estudar a situación da maior parte do profesorado que imparte clases no propio conservatorio, para incrementarlle o número de horas, dando así resposta tamén a unha demanda do BNG.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí