Os traballadores do lixo de Vilagarcía ameazan con paróns se Urbaser non se senta a negociar

VIALGARCIA> Os traballadores do lixo de Vilagarcía ameazan con paróns de media hora en cada quenda o vindeiro día 21 se non avanzan as negociacións coa empresa. O día 18 terán unha reunión coa empresa, e agardan que Urbaser se presente á con propostas serias e con disposición de negociar. Polo contrario, os paróns de media hora realizaranse os días 21, 24 e 28.

Os traballadores do lixo de Vilagarcía volveron a manifestarse este venres diante das portas do concello. É a segunda mobilización, que os empregados realizan para esixirlle a Urbaser que se sete a negociar con eles para mellorar as súas condicións laborais.

Os traballadores ameazan con facer un parón de media hora por cada un das tres quendas os días 21, 24 e 28 se non chegan a acordos.

A única posibilidade de que os traballadores desconvoquen os paróns dos vindeiros días, é que o día 18 a empresa se sente a negociar con eles con propostas serias.

Os traballadores advirten que nos casos de que teñan lugar os paróns, non afectarán á cidadanía nin ao seu traballo. Polo de agora descartan aumentar as súas mobilizacións, xa que non ven outro escenario que non sexa o avance das negociacións coa empresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí