VILAGARCÍA> Vilagarcía en Común propón como principal obxectivo humanizar á vila. Coas súas iniciativas buscan crear postos de traballo e mellorar o benestar dos cidadáns. O seu cabeza de lista, Jesús López, tamén defende un modelo comarcal con Vilagarcía como referente.
Jesús López e o seu equipo de Vilagarcía en Común saíron a rúa para mostrarlle ós vilagarciáns o seu programa electoral. A formación comprométese a traballar pola vila e recuperar os postos de traballo e o tecido industrial anterior á crise. Márcanse como principal obxectivo humanizar a vila, creando postos de traballo e mellorando a calidade de vida dos veciños.
O cabeza de lista tamén defende un modelo de comarca no que Vilagarcía sexa o referente. Avoga por traballar co resto de concellos para xerar mil postos de traballo na comarca.
Outro dos obxectivos da formación é potenciar os polígonos industrias, facendo un proxecto para que as empresas se trasladen a Vilagarcía ou á comarca.
Jesús López considera que os concellos deben colaborar nun plan comarcal para chamar empresas, ofrecendo chan e rebaixando os impostos.