As medidas sanitarias deixan aos máis pequenos da Illa sen a súa ‘esmoliña’ polos Defuntiños

A ILLA> Os nenos e nenas da Illa de Arousa non puideron gozar este ano co tradicional defuntiños. Dende o concello aconsellaron á veciñanza que os máis pequenos non saísen a pedir para evitar contaxios. Aínda así, houbo quen se adaptou para non perder a tradición.

O día 2 de novembro as rúas da Illa de Arousa énchense de nenos e nenas que percorrer a vila para pedir polos defuntiños. As imaxes de anos anteriores contrastan coas de este ano, xa que por precaución, dende o concello recomendaron que os máis pequenos non saísen a pedir ás rúas.

Os establecementos e os veciños que habituaban a dar as esmolas aos máis pequenos lamentan a cancelación pero entenden que é necesario.

Dende o concello fixeron esta recomendación para evitar as aglomeracións, xa que o habitual é que os máis pequenos percorreran as rúas en grandes grupos.

Aínda así e respectando as medidas houbo que continuou coa tradición, xa sexa levando aos máis pequenos a pedir aos avós ou os locais tendo detalles cos clientes.

Os nenos e nenas da Illa deberán agardar para volver pedir a esmola polos defuntiños ata o ano que ben. O parón é necesario para evitar a propagación de virus e volver ver unhas imaxes como estas cos establecementos abertos para recibir aos máis pequenos. Iguais ou similares, porque algúns gañáronse unha merecida xubilación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí