Os empresarios de Ribeira reúnense co novo goberno para analizar o estado do futuro polígono

RIBEIRA> Responsables da asociación de empresarios de Ribeira mantiveron unha xuntanza co alcalde para analizar o estado en que se atopa o futuro polígono industrial. Durante a xuntanza, os membros da patronal tamén abordaron a necesidade de concluír as obras da variante e outros asuntos de interese para o empresariado local.

O futuro do polígono industrial de Ribeira é unha das principais preocupacións dos empresarios de Ribeira que mantiveron un encontro co alcalde e técnicos municipais para abordar en que fase se atopa o proxecto. Os representantes da patronal incidiron na necesidade de levar a bo porto esta obra a través do desenvolvemento parcelario e urbanístico, o desdobramento da estrada de acceso ou a modificación das rotondas de entrada e saída na autovía.

O presidente dos empresarios destacou a boa vontade de colaboración do novo executivo que se comprometeu a convocar reunións mensuais para o seguimento da obra.

Durante a xuntanza, os empresarios tamén lle trasladaron ó alcalde a súa postura sobre a variante de Ribeira así como outros asuntos de interese para o comercio local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí