Crise interna nas filas socialistas en Porto do Son

crisesocialistasportoson_100.jpgPORTO DO SON> Acusan de traizón a Antonio Tarrío por colaborar ca formación AVS e a Joaquina González de falar en contra de Pastor Rodríguez.

Os malos resultados obtidos polo PSOE nas municipais que pasou de cinco a tres concelleiros converténdose na terceira forza política pasaron factura a formación. Os socialistas acusan a Antonio Tarrío Calo, histórico dirixente do partido e exsecretario xeral, de telos traizoado, espiándoos durante a precampaña para facilitarlle información confidencial os integrantes da Agrupación Veciñal de Porto do Son, liderada por Javier Quiñoy, un antigo dirixente socialista.

{flowplayer}barbanza/crisepsoeportodoson.flv{/flowplayer}

Dende o PSOE sonense consideran que detrás desta traizón pode estar o feito de que Tarrío Calo nunca aceptou a Xoan Pastor Rodríguez para liderar o novo proxecto socialista. Tamén o acusan de coaccionar a militantes e de realizar un boicot ó candidato durante a campaña. Mesmo teñen a certeza de que repartiu papeletas da formación AVS na parroquia de Baroña. 

Tarrío Calo non foi o único socialista acusado de traizón. O alcalde en funcións, Xoán Pastor Rodriguez retirou a confianza e o soldo a concelleira de Asuntos Sociais, Joaquina González, por falar en contra del durante a campaña electoral.

A intención da formación era de abrirlle un expediente disciplinario e expulsalo do partido pero Tarrío Calo presentou a súa dimisión como militante socialista alegando motivos persoais.

Redacción Barbanza