Os veciños de Corrubedo seguen a demandar un médico a tempo completo

RIBEIRA> Como cada xoves dende hai máis de nove meses os veciños da parroquia ribeirense de Corrubedo volveron saír hoxe á rúa para protestar pola falla de médico.

Despois de realizar unha pequena manifestación polas rúas da vila, concentráronse por uns momentos ás portas da Casa do Mar.

Na concentración desta mañá volveron a participar tamén representantes do executivo local, que coa súa presenza quixeron apoiar ós veciños na súa reivindicación, ó considerala unha causa máis que xustificada.

Segundo explicou o concelleiro de Sanidade, Juan  Furones, o que se busca é unha solución definitiva, non un parche como foi a última medida establecida polo Sergas.

Dende o Concello din que seguiran apoiando as reivindicación dos veciños ata que non haxa unha solución definitiva ó seu problema.