A Pobra celebra do 12 ó 14 de agosto unha nova edición de ‘comercios á rúa’

POBRA> A praza do Emigrante será escenario do 12 ó 14 de agosto dunha nova edición da proposta ‘Comercio na rúa’ que promove a concellería de Promoción Económica.

Na actividade participarán un total de cinco tendas da localidade, pertencentes na súa maioría ó sector da moda, que poñerán eses días os seus produtos á venda aproveitando o bo tempo e a afluencia de xente nesta época estival.

Coma novidade este ano, o sábado, a partir das nove da mañá, impartirase formación teórico-práctica sobre márketing visual a cargo de persoal especializado.

O horario de apertura das tendas será ininterrompido de once da mañá a once da noite.

Na xornada do domingo, a partir das nove e media da noite,  contarase coa actuación en directo da música local Alba Fernández.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí