O delegado do goberno en Galicia supervisa a futura reforma da casa da cultura de Boiro

BOIRO> O delegado do goberno en Galicia visitou o concello de Boiro onde mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde. Na reunión repasaron os distintos proxectos que está a acometer o executivo central no municipio cunha achega de 3 millóns e medio de euros.

Na súa primeira visita institucional ó concello de Boiro como delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco tivo ocasión de supervisar algunhas das actuacións que se están a acometer no municipio. Entre elas, a  rehabilitación que se vai acometer na casa da cultura da Cachada grazas a unha subvención de millón e medio de euros do goberno central.

Ademais de visitar a instalación obxecto de mellora, o alcalde e o delegado repasaron outros investimentos provintes de Madrid  como as axudas ó centro comercial aberto, as tres subvencións para actuacións en materia de eficiencia enerxética.