A Carreira Solidaria de Leo quere chegar ao milleiro de participantes

MEIS> Todo a punto en Meis para a Carreira Solidaria de Leo. A iniciativa, xa saben, busca recadar fondos a favor de nenos e nenas con enfermidades raras, severas ou crónicas.

As inscricións continúan abertas. A día de hoxe supéranse xa os 600 participantes. Dende a organización fan un chamamento ás familias para que anoten tamén á rapazada, co obxectivo de acada-lo milleiro de participantes.

A cita, vai ser o 1 de outubro, cunha proba absoluta de 5 quilómetros, unha carreira para menores e tamén unha andaina de 6 quilómetros e medio, adaptándoa tamén ás diferentes necesidades, como nenos que fagan o percorrido en carriño. Tódolos nenos que participen de categoría inferior á alevín van recibir unha medalla conmemorativa só polo feito de participar.

A xornada inclúe tamén unha parte gastronómica e tamén animación musical. Ademais, dende a organización tamén avanzan sorpresas que irán desvelando nas redes sociais da proba.

Hoxe presentaron a camiseta oficial da proba, deseñada por Natalia Piñeiro. Ten un prezo de seis euros e vaise vender en varios establecementos do Mosteiro, Barrantes, Vilagarcía e Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí