Meis súmase a valoriza para concienciar aos máis pequenos na importancia da reciclaxe

MEIS> O concello de Meis tamén se alía con valoriza para concienciar aos máis pequenos na importancia do reciclaxe. A empresa realizará diferentes actividades nos centros escolares e nos clubs deportivos para que os nenos e nenas aprendan mentres gozan. A campaña permitirá aumentar nun 50% os contedores da vila e reducir gasto na factura de Sogama.

O concello de Meis é un dos municipios que se adheriu ao contrato con Valoriza a través da Mancomunidade do Salnés para xestionar a recollida do lixo. Este contrato inclúe unha campaña de concienciación para ensinar a reciclar aos máis pequenos.

A campaña levarase a cambo en dous ámbitos. Nos centros escolares e deportivos. En deportes realizaranse actividades como pedalea reciclando ou golea reciclando.

Nos centros educativos a campaña será máis ampla.

Con esta campaña búscase concienciar aos máis pequenos para chegar aos máis maiores a través de eles.

O obxectivo de esta campaña é que a veciñanza tome conciencia co coidado do medio ambiente e ensinar que os residuos se poden converter en recursos. A colaboración entre o concello de Meis e Valoriza tamén permitiu aumentar nun 50% a cantidade de contedores da vila, especialmente os de envases e papel. A primeira actividade será pedalea reciclando que se celebrará o vindeiro domingo.