Ribeira recupera o Martes de Entroido coma festivo local para 2024

RIBEIRA> Tal e como viña reclamando os hostaleiros de Ribeira, o martes de entroido será festivo en 2024 xunto co 24 de xullo, día da Dorna.

Non estará pola contra marcado en vermello o 12 de setembro, Santa Uxía, ó contrario que este ano.

A proposta saíu adiante cos votos de tódolos grupos que integran o goberno e a abstención do PP.

Antes da votación tomou a palabra a presidenta dos hostaleiros ribeirenses esgrimindo os argumentos para recuperar a festividade do entroido.

No transcurso desta sesión procedeuse tamén á aprobación da conta xeral de 2022, na que o goberno destacou o baixo nivel de execución de proxectos financiados con fondos europeos.

En materia orzamentaria aprobouse tamén un suplemento de crédito próximo ós 900 mil euros para aboar facturas pendentes de pago.

Saíron adiante tamén outros puntos como a aprobación do convenio co cocn ello de Porto do Son para a solicitude dun obradoiro de emprego conxunto ou a participación na segunda fase do POS adicional que se destinará integramente a gastos de mantemento e conservación de instalacións municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí