IC Boiro pide desfibriladores para as instalacións deportivas municipais

BOIRO> A formación que lidera Manuel Velo solicita tamén a construción dunha cuberta exterior no complexo deportivo de Vista Alegre.

O portavoz de IC Boiro, Manuel Velo, faise eco das numerosas queixas, fundamentalmente dos pais que acoden a diario cos seus fillos a adestramentos e partidos a esta instalación deportiva, solicitando a construción dunha cuberta exterior na que poder resgardarse nos días de chuvia.

Para eles a actuación non suporía un gasto demasiado elevado para as arcas municipais e mesmo podería ser realizada pola brigada de obras municipal

Dende IC Boiro tamén se solicita a instalación de desfibriladores en tódalas instalacións deportivas e edificios públicos cos que poder dar resposta a calquera emerxencia que puidera xurdir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí