A POBRA> A xunta local da Asociación Española contra o Cancro na Pobra organiza unha andaina solidaria para este sábado. Agardan contar con 400 participantes que poderán optar entre dous percorridos: un de 8 quilómetros e outro de 3’5 para os menos entrenados.
Apenas un mes despois de constituírse a nova directiva, a xunta local da AECC da Pobra organiza o seu primeiro evento. Trátase dunha andaina que se celebrará este sábado a partir das dez e media da mañá con saída dende a praza Segundo Durán. Polo momento xa superan sobradamente os 300 inscritos e agardan chegar ós 400.
Ademais do éxito de participación destaca a implicación da cidadanía coa compra de merchandising así como a colaboración de numerosos colectivos e empresas que aportan o seu gran de area para a organización da proba.
Aqueles que se animen a última hora, teñen ocasión de inscribirse o mesmo día antes do inicio da proba. O percorrido contempla dúas distancias: unha de 3’5 quilómetros e outra de 8 para os máis experimentados.