A Pobra acolle as primeiras Xornadas de Seguridade e Emerxencias

POBRA> O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto co alcalde, Xosé Lois Piñeiro, foi o encargado de inaugurar esta mañá as primeiras Xornadas de Confraternidade da Seguridade e Emerxencias da comarca do Barbanza.

A iniciativa, que parte da concellaría da Seguridade, en colaboración coa Mancomunidade Barbanza Arousa, ten coma principal obxectivo dar o coñecer o labor que desenvolven os diferentes equipos de emerxencias.

Tanto o alcalde coma o director xeral de Emerxencias viron con bos ollos esta iniciativa que ten un afán de continuidade.

A xornada de hoxe tivo nos nenos ós seus principais destinatarios. Así foron varios colexios da localidade os que se achegaron ata a praza para asistir a distintas exhicións e demostracións por parte dos equipos de emerxencia entre os que se atopaba a unidade canina da Policía Nacional, a Axega, A Garda Civil de Tráfico ou os propios bombeiros.

Pola tarde estaban previstas tamén varias charlas dirixidas ós propios profesionais.

As xornadas chegarán mañá ó seu remate cun simulacro de incendio forestal, evacuación e rescate no entorno das piscinas naturais do río Pedras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí