Ribeira acolle dende hoxe ata o domingo unha nova edición da Feira da Educación

RIBEIRA> Na iniciativa, impulsada dende o Concello, colabora a totalidade da comunidade educativa do municipio. A conselleira Carmen Pomar participaba esta mañá na súa inauguración.

Por sexto ano consecutivo Ribeira volve a acoller a Feira da Educación. Desenvolverase ata o domingo. Esta mañá abría as súas portas coa presenza da conselleira de Educación, Carmen Pomar. Durante o percorrido pola carpa de usos múltiples tivo tempo de coñecer algunhas das actividades programadas nesta iniciativa educativa que organiza o Concello e os distintos centros de ensino da localidade.

Nesta primeira xornada foron máis de 500 os nenos e nenas que pasaron polas instalacións para disfrutar das primeiras actividades como é o caso dos obradoiros de robótica, cinema infantil, talleres artísticos ou mesmo actividades de reciclaxe, unha das de maior éxito.

A Feira prolongarase ata o vindeiro domingo, con actividades do máis variado e de tódolos gustos en xornada de mañá e de tarde.

Comments are closed.