A rehabilitación da Casa Consistorial aposta por recuperar o edificio orixinal e a súa luminosidade

PONTEVEDRA> Os traballos de rehabilitación da Casa Consistorial de Pontevedra avanzan a pleno rendemento. Toda a intervención diríxese a recuperar ao máximo a construción orixinal do século XIX, así como a mellorar a accesibilidade do edificio coa instalación dun ascensor. Polo de momento, as obras céntranse na eliminación dos elementos que se engadiron na reforma dos anos 40.

Pontevedra traballa para rehabilitar a súa Casa Consistorial. As obras avanzan, centradas en eliminar os engadidos na reforma dos anos 40 do século XX e recuperando ao máximo posible os elementos do edificio orixinial, do arquitecto Alejandro Sesmero.

Estes traballos permitiron atopar, por exemplo, zócolos pintados orixinais de finais do século XIX. Sorprende tamén a luminosidade do edificio, que quedara limitada polos engadidos. A intervención busca agora recuperala, dando protagonismo ao lucernario.

Si haberá que botar man de novos elementos para preparar os espazos para acoller os novos usos. Xogarase, sobre todo, co branco, a madeira e o aceiro ennegrecido, recordando á forxa orixinal.

Outro dos obxectivos principais da intervención é facer o edificio accesible.

Unha actuación global que ten por obxectivo preparar a Casa Consistorial para unha nova vida.

A intención é que as obras estean rematadas no primeiro semestre do 2023. Polo de momento, non hai data para abordar a segunda fase da rehabilitación, que traballarían no soto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí