Sara Aguado: ‘Díxome que se o denunciaba cortábame o pescozo’

CAMBADOS> A Garda Civil investiga unha nova agresión á cambadesa Sara Aguado. A activista transexual acaba de denunciar un novo ataque verbal nun bar da localidade por parte dun par de mozos que presentaban evidentes signos de embriaguez. Sara foi increpada e mesmo ameazada. A intervención da dona do local fixo que a cousa non fose a mais.

Sara é o símbolo da loita do colectivo transexual de Cambados. A activista tivo que enfrontarse, outra vez, a un ataque froito da intolerancia e transfobia. Ela estaba tranquilamente tomando algo neste bar cando foi abordada por un mozo, veciño da Illa.

O home amosaba evidentes signos de embriaguez. No canto de deixar a Sara tranquila, pediulle ‘desculpas’ dun xeito intimidante.

Ata a zona desprazouse a Policía Local, que calmou os ánimos dos varóns. Pero cando a Patrulla marchou, continuaron molestando a Sara.

Sara gravou a escena. A gravación xa está en mans da Garda Civil que xa investiga o caso.

A cambadesa aproveita tamén para agradece-las mostras de apoio e afecto que está a recibir por parte de moitos veciños do Concello e tamén do goberno local. Esta mesma mañá, de feito, foi recibida no Consistorio pola alcaldesa do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí