Barbanza Arousa fai un balance positivo do seu paso por Fitur

BARBANZA> A presenza da Mancomunidade Barbanza Arousa en Fitur serviu non só para seguir a promover o potencial enogastronómico da comarca como factor de atracción turística durante todo o ano senón tamén para establecer acordos con outros destinos para iniciar colaboracións.

Ademais do satisfactorio balance a nivel profesional, dende a Mancomunidade valoran moi positivamente o impacto entre os potenciais visitantes.

A instalación  dun punto informativo permitiu rexistrar un gran número de entradas interesándose polas distintas experiencias que se poden realizar no destino