O BNG insta á Xunta a recuperar o proxecto do Parque Empresarial do Barbanza

RIBEIRA> O BNG insta á Xunta a desenvolver o parque empresarial do Barbanza entre A Pobra e Ribeira. O proxecto, aprobado xa en 2011, suporía a creación de 600 mil metros cadrados de chan industrial para dar servizo a toda a comarca.

Ante a falla de chan industrial no Barbanza, esgotado xa nos catro concellos, o BNG presentou iniciativas no Parlamento demandando á Xunta que retome o proxecto do Parque Empresarial do Barbanza para evitar a fuga de empresas cara outras bisbarras.

Lembran dende o BNG que este proxecto, iniciado en 2011, segue vixente posto que foi incluído no Plan Sectorial de Parques Empresariais aprobado pola Xunta en 2014.

Os máis de 600 mil metros cadrados de superficie industrial darían servizo ós catro concellos, que na actualidade están inmersos na ampliación dos actuais polígonos que xa non dispoñen de chan para satisfacer a demanda das empresas da comarca.