AMBAR e Cruz Vermella colaboran co concello de Boiro para conmemorar o Día da Muller

BOIRO> Boiro ultima os detalles para a celebración do 8M cun acto institucional no que se renderá homenaxe ás xogadores do Club de Balonmán da localidade nos anos 60 e 70 e á presidenta de Cáritas. Participará tamén a asociación AMBAR cunha actuación a cargo do grupo de artes escénicas ‘Elas’.

As concellerías de Servizos Sociais, Cultura e Educación de Boiro xunto con Cruz Vermella e AMBAR deseñaron un programa de actos para conmemorar o día da Muller. O acto institucional dará comezo ás doce na casa do concello onde se renderá homenaxe a dous referentes femininos do presente e do pasado. Por un lado á presidenta de Cáritas Lupe Tubío e pola outra banda ás xogadores que impulsaron o balonmán feminino en Boiro nos anos 60 e 70.

O acto contará tamén cunha representación de baile a cargo do grupo de artes escénicas ‘Elas’ de AMBAR.

Tamén Cruz Vermella participa na programación cunha serie de Encontros Interxeracionais en colaboración co Grupo de Voluntariado Xuvenil Turbina e as usuarias dos talleres de memoria.

Ademais dos actos institucionais, o concello programou unha serie de actividades culturais dende a perspectiva de xénero como cine, teatro ou as xornadas Muller e Saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí