O concello de Pontevedra proporá aos praceiros asumir a xestión directa do Mercado

PONTEVEDRA> A polémica na praza de abastos de Pontevedra está servida. A semana pasada o concello anunciou cambios no horario de apertura ao público. Aínda que sobre o papel era de seis da mañá á 1 da tarde, na práctica non pechaba ata as 3. Agora, explican dende o goberno local, a falta de funcionariado municipal para asumir esa función lévaos a fixar a hora de peche ás 2. Unha medida que non gusta aos praceiros. Están chamados a unha reunión a vindeira semana coa concelleira responsable. Anabel Gulías adiantou hoxe que unha das propostas que estará sobre a mesa é que os vendedores asuman a xestión directa da praza.

Que sexan os propios vendedores da Praza de Abastos de Pontevedra os que asuman a súa xestión. É a proposta que porá sobre a mesa o concello nunha reunión que se celebrará a vindeira semana.

Esta podería ser, segundo Gulías, unha solución ao conflito aberto pola decisión do goberno local de mudar o horario de apertura ao público da praza pontevedresa. Aínda que sobre o papel era de seis da mañá á 1 da tarde, na práctica non pechaba ata as 3.

Con este cambio, o goberno local busca tamén adaptarse á xornada laboral dos funcionarios.

O concello comunicou esta decisión aos praceiros a semana pasada a través dunha resolución. O novo horario entrará en vigor, en principio, a partires do vindeiro luns 19 de febreiro.