Case un cento de propostas para unha Festa dos Libros que recupera o formato previo á pandemia

PONTEVEDRA> Pontevedra recupera o formato prepandemia para a súa Festa dos Libros. Esta fin de semana trece librarías da cidade daranse cita na praza da Ferrería. Haberá, por suposto, libros á venda, pero tamén encontros con escritores, actividades para a cativada, conversas e música. Unha programación redonda para celebrar o gusto pola lectura.

O gusto pola lectura converterase nunha festa esta fin de semana en Pontevedra. Volve a Festa dos Libros da cidade, recuperando o seu formato prepandemia.

Entre o 8 e o 10 de xullo, trece librarías da cidade daranse cita na praza da Ferraría. Alí montarán os seus postos de venda de libros pero será tamén o escenario dun amplo programa de actividades.

Haberá sinaturas de libros, encontros con autores, presentacións e conversas. Cada xornada comezará con actividades para a cativada e o venres e o sábado despediranse con concertos. Este ano a Festa dos Libros recoñecerá a traxectoria de Diego Ameixeiras.

Dende as librarías agardan con ganas esta cita. Un momento de encontro entre os profesionais do sector e os amantes da lectura.

A programación inclúe a celebración dun faladoiro sobre memoria histórica o venres e un encontro sobre literatura e divulgación o sábado. Ademais, autores como Manuel Jabois, Juan Tallón, Arantza Portabales, Diego Giráldez, Cristina Pato ou Xosé Monteagudo, pasarán pola festa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí