RIBEIRA> O concello de Ribeira traballa xa no deseño da programación do Nadal. A concelleira de Cultura presentou esta mañá os distintos concursos que se convocan para estas datas así como un obradoiro de arte floral que terá lugar en tódalas parroquias.
Off
Un ano máis, o concello de Ribeira implica á cidadanía na celebración do Nadal. Así volve convocar o concurso escolar de deseño de carteis e postais navideñas. Xa está aberto o prazo para que os pequenos poidan achegar as súas creacións que, ademais de converterse en imaxe da cartelería municipal neste Nadal, optarán a diversos premios canxeables no comercio local.
Precisamente o comercio e a hostalería tamén teñen un importante peso na celebración destas festas co concurso de decoración de escaparates e locais así como a veciñanza posto que, tralo éxito de anteriores edicións, o concello volve poñer en marcha o concurso de embelecemento de balcóns e fachadas.
Inserto
Por último, o concello pon en marcha un obradoiro de arte floral e decoración de Nadal que arrancará o día 12 de decembro en Carreira para percorrer tódalas parroquias. Serán gratuítos pero é preciso formalizar reserva no departamento de Cultura a partir do próximo luns.