AMBAR volverá apostar pola inclusión na IV Romaría da Diversidade

RIBEIRA> A explanada de Coroso volverá acoller a Romaría da Diversidade. Será o domingo oito de xullo a partir das doce e media da mañá, unha vez rematada a carreira pola diversidade. Como nas anteriores edicións, esta romaría busca a participación de toda a cidadanía converténdose nun evento inclusivo. A romaría dividirase en diferentes agras nas que colaboran outras entidades e colectivos. Así na agra solidaria, participarán os foros ecolóxicos do Barbanza, a protectora Moura, ASEM galicia, Asociación Integro ou asociación Amizade. A temática africana centrará a agra do mundo coa colaboración do grupo Konafro. Pequenos e maiores disfrutarán na agra dos xogos e haberá tamén un espazo para a arte e para a verbena. Dende o concello de Ribeira quixeron agradecer a AMBAR a organización destes eventos e a súa implicación para conseguir un municipio máis accesible a través da súa participación no proxecto Riveira Atlántica 2020.