Minuto de silencio en Pontevedra polo 11M: ‘Que non se volva repetir algo así’

PONTEVEDRA>  Hoxe é 11 de marzo. Fanse 20 anos dos peores atentados da historia de España. Nesta xornada sucedéronse os actos en lembranza das vítimas, tamén aquí na nosa contorna. A corporación de Pontevedra gardou esta mañá un minuto de silencio ás 12 do mediodía.

Ademais dos membros do goberno local do BNG, tamén se uniron os representantes do PP e do PSOE. Canda a eles, funcionarios do concello e tamén o subdeloegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada.

Logo do acto, tomou a palabra o alcalde da cidade. Miguel Anxo Fernández Lores quixo manifesta-lo sentir xeralizado da sociedade pontevedresa ante aqueles brutais atentados xihadistas de hai agora 20 anos.

Tamén transmitiu en nome de toda a corporación da cidade a súa solidariedade coas familias das vítimas e dos feridos. Dixo que feitos como estes non se deberan de ter producido nunca e que agarda que non teñamos que vivilos nunca máis.

As 11 bombas deixaron 192 vítimas mortais e unhas 1.800 persoas feridas.