A Subdelegación do Goberno volverán a condecorar a Óscar Graña

Pontevedra> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra recibiu esta mañá a Óscar Graña. Unha recepción onde o comisario provincial, e a propia Subdelegada, anunciaron que Graña será proposto para unha nova condecoración polo seu novo rescate a unha muller no río Lérez. O policía Nacional e campión do mundo e Europeo en piragüismo Óscar Graña, foi recibido esta mañá pola Subdelegada do Goberno en Pontevedra despois de que onte rescatase a unha muller no río Lérez. O axente recibiu a chamada persoal do Ministro de Interior para felicitalo pola súa acción. Nesta recepción o policía nacional foi acompañado polo comisario provincial quen deixou claro que Graña será proposto para unha nova condecoración por salvar a vida a unha segunda muller. E pola súa banda, a subdelegada do Goberno tamén anunciou que dende esta administración tamén se lle outorgará un novo distintivo a Óscar Graña. Graña tamén recibiu a felicitación da presidenta do Congreso e do xefe superior da Policía de Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/grana_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/grana.mp4{/flowplayer}