Ribeira honrou ás vítimas do terrorismo

RIBEIRA> Ribeira honrou este mediodía ás vítimas do terrorismo con motivo da celebración do  Día Europeo das Vítimas de Terrorismo, e coincidindo tamén co vinte aniversario do dos atentados do 11-M.

O alcalde, Luís Pérez Barral, foi o encargado de presidir esta homenaxe que se realizou ás portas do consistorio provisional, nas antigas instalacións do auditorio municipal.

Ademais do rexedor e outros membros do equipo de goberno, no acto tamén participaron representantes do Partido Popular, funcionarios e traballadores municipais, así como tamén responsables da comisaría da Policía Nacional e veciños en xeral, que tamén se sumaron á convocatoria, gardando un minuto de silencio na honra de tódalas vítimas do terrorismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí