RIBEIRA> A corporación de Ribeira aprobou os orzamentos do presente exercicio cos votos a favor do goberno e a abstención do PP. As contas, que ascenden a 36 millóns de euros, inclúen unha boa parte das partidas xa executadas posto que o presuposto estaba prorrogado dende o 2021.
Tal e como estaba previsto, o goberno municipal de Ribeira sacou adiante o seu proxecto de orzamentos nunha sesión extraordinaria celebrada o pasado mércores.
Os populares abstivéronse na votación posto que, a pesar das discrepancias en relación ó estado das contas, insisten en que a proposta do executivo coinciden case na súa totalidade cos orzamentos que o PP levou a pleno ata en tres ocasións.
A pesar de que as contas non reflexa un alto nivel de endebedemento dende o goberno destacan a tendencia á alza para asumir a amortización dos créditos que aínda están en período de carencia, as facturas pendentes de pago ou a achega municipal ós proxectos subvencionados por outras administracións como por exemplo o auditorio.
Ademais das contas, durante a sesión aprobouse por unanimidade a solicitude dun crédito libre de intereses ó Fondo de Cooperación di IGVS para a execución da futura biblioteca municipal.











