Detido un veciño de Rianxo por vender droga nas inmediacións do instituto

RIANXO> Detido un veciño de Rianxo por un presunto delito de tráfico de drogas. A investigación iniciouse no mes de febreiro, ó ter constancia a Garda Civil  da existencia dun punto de venda de estupefacientes no centro da vila, nas inmediacións do instituto de Rianxo.

Trala identificación da persoa responsable da distribución da droga, os axentes do posto principal de Boiro procederon á súa detención no momento en que estaba a realizar unha venda.

Ademais das substancias confiscadas nese intre, os axentes acharon gran cantidade de droga no posterior rexistro do seu domicilio: máis de dous mil gramos de marihuana, 528 doses de cocaína e mais de catro mil euros en efectivo así como varias balanzas de precisión. O detido, que levaba poucos meses residindo en Rianxo, foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia de Padrón.