BARBANZA/NOIA> Reclaman axudas para asistir ós cursos de actualización que se imparten no Centro de Formación Marítima de Bamio. Levan recollidas máis de 400 sinaturas. Considéranse discriminados fronte ós mariñeiros doutras comunidades ós que o ISM si lles paga os desprazamentos e as dietas.
Xa é algo que veñen reclamando nos últimos anos. Os mariñeiros da comarca, ó igual que doutras zonas da comunidade e tamén do resto de España, acuden ó Centro de Formación Marítima de Bamio, en Vilagarcía, a realizar os cursos de actualización obrigatorios para poder embarcar, tanto en pesca como na mariña mercante. Pero eles non reciben axudas para dietas é desprazamentos, ó atoparse a menos de cincuenta quilómetros do centro. Algo que consideran discriminatorio.
Piden unha modificación do actual regulamento e acadar así algún tipo de axuda. Levan recollidas xa máis de catrocentas sinaturas que lle serán remitidas ó Instituto Social da Mariña. O número afectados rondaría as cen mil persoas.