NOIA> A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo esta mañá en Noia un encontro con representantes da confraría de pescadores da localidade para avaliar a situación do sector marisqueiro derivada da baixa produtividade experimentada debido a mortaldade masiva de marisco a consecuencia dos temporais do inverno.
Para o BNG as medidas que están a poñer enriba da mesa tanto o Goberno Central como a Xunta son insuficientes polo que xa anunciou que interpelará ó Goberno de Rueda no vindeiro pleno no Parlamento sobre esta situación, reclamándolle a solicitude de declaración de zona de emerxencia por borrasca para a zona litoral afectada ou a aplicación de bonificacións con efecto retroactivo nas cotas á Seguridade Social para os mariscadores afectados.
Por último a nacionalista tamén se referiu a un problema que afecta especificamente ó pósito noiés como é a falla dun protocolo de baleirado no encoro do Tambre, que provoca tamén o incremento da mortaldade de marisco na Ría











