OUTES> Outes acollerá por segundo ano o festival de Danza e Movemento ABANEA. Esta iniciativa mestura obradoiros participativos para a veciñanza con actuacións profesionais en encraves naturais de gran beleza como a praia de Broña e o estaleiro de Ciprián.
Por segundo ano consecutivo, Outes volverá ser sede do festival ABANEA de Danza e Movemento, unha iniciativa que se celebran tan só en 5 concellos de toda Galicia. Será o xoves 18 de xullo e contará con dous encraves. O primeiro será a contorna da praia de Broña onde se desenvolverán a partir das seis da tarde dous obradoiros abertos á cidadanía.
Entre as compañías participantes destacan profesionais de destacado prestixio a nivel internacional como Melania Olcina, premio nacional de danza do pasado ano.ç
A participación nos obradoiros require inscrición previa que se pode facer contactando coa casa da Cultura.











