BOIRO> O concello de Boiro abre o prazo de inscrición para os campamentos de conciliación do verán. Desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 30 de agosto en catro sedes para dar servizo á ampla demanda que adoita ter este servizo.
Co obxectivo de favorecer a conciliación das familias durante o verán pero tamén de ofrecer unha alternativa de lecer educativa e lúdica, o concello de Boiro volverá poñer en marcha os campamentos de conciliación durante os meses de xullo e agosto.
Os interesados poden presentar as solicitudes dende mañá mesmo e ata o 23 de maio. As bases e toda a información relativa ás inscricións xa se pode consultar na web boiro.gal.