Ribeira desenvolverá unha nova edición do programa ‘En Marcha!!’

RIBEIRA> As actividades incluídas neste programa de ocio alternativo que promoven conxuntamente as áreas de Xuventude e Deportes desenvolveranse durante os meses de maio e xuño, ó aire libre e no medio natural.

Van dirixidas especialmente á xente moza, menores de 35 anos. Incluiranse iniciativas como o rafting, o barranquismo, exhibicións e obradoiros de skate e lasertag.

As actividades programadas desenvolveranse os sábados. Serán a prezos económicos e moi por debaixo do prezo de mercado.

Para máis información e inscricións os interesados poden dirixirse ós departamentos de Xuventude e Deportes.