Mar trasládalle ao sector o estado da tramitación do proxecto de dragado do Lérez

BARBANZA> A titular deste departamento manda unha mensaxe de tranquilidade respecto das mentiras vertidas estes días sobre a actuación, que o único que buscan é crear alarma.

A titular de Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta mañá en Santiago cos patróns maiores e representantes das federacións de confrarías. Unha xuntanza á que tamén asistiu o alcalde en funcións de Ribeira, Manuel Ruíz. A reunión tiña coma principal finalidade tratar de aclarar diversos aspectos relacionados co proxecto de depósito, nunha zona próxima á Illa de Sálvora, dos residuos procedentes da dragaxe do río Lérez. Con ela tratábase de atallar toda a polémica suscitada a raíz de que se fixera pública a dita actuación. Quintana mandou unha mensaxe de tranquilidade ó sector, aludindo a que o proxecto se atopa aínda nunha fase moi preliminar, pendente de coñecerse os estudos de impacto ambiental.

Rosa Quinta negou tamén que os residuos foran contaminantes.

A Xunta reafirmase no seu compromiso coa actividade pesqueira, marisqueira e náutico-recreativa nesa zona, aludindo a que nunca adoptaría unha decisión que puidera ir no seu prexuízo.