VILANOVA> Xunta de Galicia e concello de Vilanova colaborarán para levar adiante a reforma integral do centro de saúde do municipio. Esta mañá selaron este acordo coa sinatura dun convenio polo cal cada administración asumirá a metade do investimento necesario. O custo da obra está orzamento en 304.000 euros.
A Xunta de Galicia e o concello de Vilanova financiarán a partes iguais a reforma integral do centro de saúde vilanovés. A obra está orzamentada en preto de 304.000 euros.
O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron esta mañá o convenio que sela o seu acordo. Un entendemento que, dixo Antonio Gómez Caamaño, permitirá impulsar unha mellora asistencial que beneficiará a preto das 9.000 persoas ás que dá cobertura este centro de saúde.
A intervención no centro de saúde diríxese a mellorar a impermeabilización e illamento térmico do edificio, actuando sobre a cuberta e as terrazas. Tamén se substituirán as carpinterías exteriores e renovaranse os seus revestimentos interiores. Nunha segunda fase mellorarase a fachada.
O convenio asinado hoxe estará vixente ata o 29 de decembro de 2029.











