VILANOVA> Recrear a Traslatio facendo dúas das tres etapas en kaiak polo río Ulla. É a proposta do Camiño que flúe – Camiño Azul Xacobeo 2026, unha iniciativa impulsada pola empresa Piragüilla. Medio cento de persoas arrancarán mañá esta actividade. Sairán dende Vilanova ata Bamio, en Vilagarcía. O sábado 17 continuarán en kaiak ata Pontecesures para o domingo 18 facer o percorrido a pé ata Santiago de Compostela. Unha proposta diferente para seguir promocionando o Camiño de Santiago por mar.
Facer as etapas marítimas da Traslatio en kaiak. É a proposta que pon sobre a mesa O Camiño que flúe-Camiño Azul Xacobeo 2026, unha iniciativa impulsada pola empresa Piragüilla Ocio e Aventura, da Illa de Arousa.
A aventura comezará mañá mesmo. Medio cento de persoas ascenderán en kaiak pola ría de Arousa, con saída da Estación Marítima de Vilanova.
O percorrido continuarase a vindeira fin de semana. O sábado 17 o grupo sairá de Bamio en kaiak ata as Torres de Catoira, para despois continuar ascendendo polo Ulla ata Pontecesures.
A terceira e última etapa realizarase o domingo, dende Pontecesures ata Santiago, desta volta xa a pé ata a Praza do Obradoiro
A actividade estaba pensada inicialmente para 35 persoas pero o interese que espertou a convocatoria levou aos organizadores a ampliar ata as 50 prazas.










