O PSOE aposta por estudar a ‘remunicipalización’ do servizo de xestión de residuos de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Partido Socialista de Pontevedra toma a iniciativa na busca de alternativas para a xestión dos residuos na cidade. Este venres os seus edís viaxarán a León. Xa hai dez anos que o goberno local leonés optou por remunicipalizar o servizo.Alí manterán un encontro co concelleiro da área para coñecer a súa experiencia.

Representantes do Partido Socialista de Pontevedra viaxarán este venres a León para coñecer o seu sistema para a xestión dos residuos.

Alí reuniranse cos responsables da concellería encargada da xestión de residuos. E é que os socialistas pontevedreses prepáranse para un escenario que non ven imposible: que o concurso do novo contrato para a xestión de residuos urbanos de Pontevedra que o BNG pretende sacar no verán volva quedar deserto.

Por iso os socialistas ven como unha opción que o concello recupere a xestión directa do servizo.

Puentes recordou que no 2014 os socialistas propuxeran realizar un estudo sobre a remunicipalización do servizo. Posibilidade que foi rexeitada en pleno cos votos en contra de BNG e PP.