PONTEVEDRA> A visión do mundo de máis de 70 fotoxornalistas de toda Galicia xa se pode visitar no vestíbulo do Pazo Provincial de Pontevedra. Hoxe inaugurouse a exposición fotográfica ‘A Galicia inédita. Un vistazo diferente do fotoxornalismo galego’, na que cada imaxe vai acompañada dun texto literario asinado por un xornalista que exerce tamén na terra. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 28 de xuño.
Setenta e tres fotoxornalistas galegos amósannos no vestíbulo do Pazo Provincial de Pontevedra ‘A Galicia inédita’.
As imaxes recollen aspectos diferentes da nosa realidade social, económica e política. Dende sucesos ata paisaxes, pasando por manifestacións artísticas e culturais.
Todas elas están acompañadas por textos de xornalistas galegos, pero de corte máis literario do que nos teñen acostumados nas súas pezas informativas.
A mostra ‘A Galicia inédita. Un vistazo diferente do fotoxornalismo galego’ pode verse ata o vindeiro 28 de xuño no Pazo Provincial.











