O executivo sonense confía en aprobar inicialmente o PXOM en xuño

 PORTODOSON> O alcalde e parte do equipo redactor do planeamento mantiveron unha xuntanza coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio.

{flowplayer}barbanza/xuntanzapxomportodoson.flv{/flowplayer}

Na reunión mantida en Santiago, na que ademais da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, tomaron parte membros do equipo redactor, revisáronse os últimos flecos do documento que, antes do verán, o concello sonense agarda que poida someterse á aprobación provisional do pleno, para posteriormente remitirllo á Xunta para a súa aprobación definitiva. O concello atópase agora no proceso de contestación das alegacións presentadas, e a espera de recibir os tres informes sectoriais pendentes, co fin de realizar os derradeiros axustes ó documento e poder presentar a memoria ambiental.

Importancia PXOM

Durante a xuntanza Encarnación Rivas destacou a importancia de dispoñer da integridade completa do documento e do expediente administrativo do PXOM, xa que a partir dese momento a Xunta disporá de tres meses para emitir a orde de aprobación definitiva. Sobre este punto, o rexedor municipal trasladoulle á secretaria xeral que antes do verán agardan poder remitirlle á Xunta o proxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa aprobación definitiva, na súa integridade.

Redacción Barbanza